Materiais:
- Cartón.
- Fío de cor azul e laranxa.
- Agulla de crochet.
- Agulla.
- Dúas cremalleras, unha de cor azul e outra de cor laranxa.
- Botella de plástico de 1,5l.
- Pintura de dedos de cor: azul, vermello, amarelo e verde.
- 8 tapóns das garrafas de leite de 2l.
- Pistola termofusible e barras de silicona.
Procedemento
1º Hai que facer a estrutura de cartón para o autobús. Para a parte inferior do vehículo, hai que realizar cinco rectángulos, coas seguintes medidas: tres deles de 19 x 8´5 cm e os outros dous de 8´5 x 6 cm. Para a parte superior do vehículo, hai que realizar os mesmos rectángulos, pero en catro deles haille que inserir uns rectángulos máis pequenos, que se corresponderían cos cristais do autobús. Estes rectángulos pequenos teñen as seguintes medidas: dous deles 3 x 16 cm e os outros dous 3 x 6 cm. Recortamos os rectángulos, formando en cada parte (superior e inferior) unha especie de cruz. Despois, recortamos no plástico da botella uns rectángulos do mesmo tamaño que os rectángulos que van estar no lateral, que simularán ser as fiestras. A continuación, pegaremos estes aos rectángulos de cartón con silicona quente. Para rematar este paso, pegaremos os bordes da cruz, para que queden as dúas estruturas do autobús (por un lado a superior e por outra a inferior).
2º Para cubrir as dúas estruturas que se realizaron anteriormente, vamos a usar a técnica de crochet (ganchillar). Dende que temos as estrutuas de fío, pegamos esta estrutura a dos cartóns.
3º Dende que temos as dúas estruturas feitas, hai que unilas. Para iso, pegaremos as dúas cremalleras. 4º Para cada roda usaremos dous tapóns das garrafas. Un dos tapóns cortarémolo a metade. Pegaremos esta metade a un tapón enteiro con silicona quente. A continuación, pegaremos as rodas ao autobús.
5º Para a matrícula usaremos un rectángulo de cartón coas medidas 1´5 x 4 cm. Decorarémola con pintura de dedos. Pegarémola na parte traseira do autobús.
6º Para os faros, usaremos a silicona quente de cores. Faremos catro círculos, dous de cada tamaño. Despois, pegarémolos na parte dianteira do autobús.
Funcionalidade didáctica
Ten tres finalidades. Por un lado, a didáctica que é a de decorar a aula para formar contextos. Así mesmo, con estes contextos o que se quere é favorecer a creatividade.
A outra finalidade didáctica é a de potenciar o reciclaxe, cada neno/a pode facer o seu propio estoxo, sen ter necesidade de comprar, xa que todos os materiais que usamos neste autobús escolar son de refugallo.
A outra finalidade didáctica é a de potenciar o reciclaxe, cada neno/a pode facer o seu propio estoxo, sen ter necesidade de comprar, xa que todos os materiais que usamos neste autobús escolar son de refugallo.
Por outro lado, a funcionalidade deste autobús escolar é de estoxo.







No hay comentarios:
Publicar un comentario