miércoles, 10 de mayo de 2017

O xardín do futuro

Materiais:

  • Tronco de árbore, bídalo.
  • Cactus e plantas crasas.
  • Terra.
  • Area.
  • 3 bombillas.
  • Pedras.
  • Auga.
  • Tubo de cobre.
  • Pistola termofusible e barras de silicona.
  • Cúter.
  • Aparafusador.
  • Parafuso.
  • Luvas.

Procedemento:

1º Cortar o tronco da árbore a medida. Facerlle sete ocos na parte superior.






2º Darlle forma ao tubo de cobre.


3º Baleirar as bombillas coa axuda do cúter, o aparafusador e dun parafuso. Encher cada bombilla co substracto, as plantas sacras e auga.


4º Encher os ocos coa terra e plantar os cactus e as plantas crasas.


5º Colocar as bombillas nos ocos.



6º Facer o dolmen coas pedras e coa axuda da silicona.








Funcionalidade didáctica:

Con este xardín do futuro, construimos un xardín que é a mestura do deserto (area, cactus e plantas sacras) e a cultura galega (o dolmen, o bídalo, o musgo).
A través deste xardín do futuro, podemos traballar o crecemento das plantas e cales son as mellores condicións para o seu crecemento correcto.
Ademais, podemos traballar a reciclaxe, xa que as bombillas e o tubo de cobre son reciclados. Así mesmo, usamos pedras e terra, que os/as nenos/as poden recollen eles mesmos da natureza. Finalmente, as plantas crasas e os cactus poden aportar cada un da súa casa a súa, e así conseguir especies diferentes, sen necesidade de gastar nada.

Un globo diferente


Materiais:

  • Xornal.
  • Cordel.
  • Saco de esparto.
  • Fío azul.
  • Globo amarelo.
  • Pintura de dedos: azul, amarelo, vermello e verde.

Procedemento:

1º Enrolar as páxinas do xornal. Despois, cos rolos hai que tecer unha cesta. Colorear a cesta coas pinturas de dedos e deixar secar.




2º Recortar un cadro do saco de esparto. Dobrar ese cadro de tal maneira que quede como un rectángulo e a altura que se considere adecuada atarlle o fío azul.



3º Ter dous cordeis do mesmo tamaño. Pegar as puntar dos cordeles a cesta, facéndoos coincidir coas catro esquinas da cesta.
4º Atar o globo aos cordeis, enrolando estes cordeis a boca do globo.




Funcionalidade didáctica:

Ten tres finalidades. Por un lado, a didáctica que é a de decorar a aula para formar contextos. Así mesmo, con estes contextos o que se quere é favorecer a creatividade.
A outra finalidade didáctica é a de potenciar a reciclaxe, xa que non fai falta gastar moito para construir as nosas "construccións artísticas".
Por último, a funcionalidade deste globo diferente é a que na súa cesta podemos gardar cousas.

jueves, 4 de mayo de 2017

Autobús escolar


Materiais: 

  • Cartón.
  • Fío de cor azul e laranxa.
  • Agulla de crochet.
  • Agulla.
  • Dúas cremalleras, unha de cor azul e outra de cor laranxa.
  • Botella de plástico de 1,5l.
  • Pintura de dedos de cor: azul, vermello, amarelo e verde.
  • 8 tapóns das garrafas de leite de 2l
  • Pistola termofusible e barras de silicona.

Procedemento

1º Hai que facer a estrutura de cartón para o autobús. Para a parte inferior do vehículo, hai que realizar cinco rectángulos, coas seguintes medidas: tres deles de 19 x 8´5 cm e os outros dous de 8´5 x 6 cm. Para a parte superior do vehículo, hai que realizar os mesmos rectángulos, pero en catro deles haille que inserir uns rectángulos máis pequenos, que se corresponderían cos cristais do autobús. Estes rectángulos pequenos teñen as seguintes medidas: dous deles 3 x 16 cm e os outros dous 3 x 6 cm.  Recortamos os rectángulos, formando en cada parte (superior e inferior) unha especie de cruz. Despois, recortamos no plástico da botella uns rectángulos do mesmo tamaño que os rectángulos que van estar no lateral, que simularán ser as fiestras. A continuación, pegaremos estes aos rectángulos de cartón con silicona quente. Para rematar este paso, pegaremos os bordes da cruz, para que queden as dúas estruturas do autobús (por un lado a superior e por outra a inferior).




2º Para cubrir as dúas estruturas que se realizaron anteriormente, vamos a usar a técnica de crochet (ganchillar). Dende que temos as estrutuas de fío, pegamos esta estrutura a dos cartóns.





3º Dende que temos as dúas estruturas feitas, hai que unilas. Para iso, pegaremos as dúas cremalleras. 4º Para cada roda usaremos dous tapóns das garrafas. Un dos tapóns cortarémolo a metade. Pegaremos esta metade a un tapón enteiro con silicona quente. A continuación, pegaremos as rodas ao autobús.


5º Para a matrícula usaremos un rectángulo de cartón coas medidas 1´5 x 4 cm. Decorarémola con pintura de dedos. Pegarémola na parte traseira do autobús.
6º Para os faros, usaremos a silicona quente de cores. Faremos catro círculos, dous de cada tamaño. Despois, pegarémolos na parte dianteira do autobús.


Funcionalidade didáctica

Ten tres finalidades. Por un lado, a didáctica que é a de decorar a aula para formar contextos. Así mesmo, con estes contextos o que se quere é favorecer a creatividade.
A outra finalidade didáctica é a de potenciar o reciclaxe, cada neno/a pode facer o seu propio estoxo, sen ter necesidade de comprar, xa que todos os materiais que usamos neste autobús escolar son de refugallo.
Por outro lado, a funcionalidade deste autobús escolar é de estoxo.